Un neno de dez anos
Se eu tivese un neno de 10 anos, o mesmo día en que os cumprise chamaríao a exame:
-Imos ver como andas no teu uso de razón, xa que levas un trienio cultivándoo. Hai unha verba de seu moi respectuosa, pero, por desgraza, pouco respectada: Trátase do termo patrimonio, procedente da voz latina patrimonium –ii n. Res patria, res familiaris. ¿Cal é a túa interpretación?
Para non merecer o meu suspenso, o rapaz tería que contestarme de seu, sen sequera acudir aos dicionarios en uso:
-Patrimonio é a verba coa que definimos a facenda que unha persoa ten herdado dos seus ascendentes. Tamén entran neste concepto os bens propios adquiridos por calquera título. Deste xeito tamén catalogamos os bens propios, antes espiritualizados e hoxe capitalizados e adscritos a un ordenando, como título para a súa ordenación…
Se tal fai, se tal comprende e exerce, eu sentiríame orgulloso de ter sementado en boa terra. ¡Amén!
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta