TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE LUÍS DE CAMÕES

· Comunidades de Aprendizaxe

O 26 de outubro de 2015, a partir das 16.25 horas, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, terá lugar unha Tertulia Literaria Dialóxica sobre Luís de Camões. O Departamento de Lingua Galega realizou unha selección de poesías que se poñen a disposición desde o CPI para todas aquelas persoas que desexen participar. A nosa lingua, o galego, permite ler e comprender con facilidade a este autor xeralmente considerado como un dos maiores poetas en lingua portuguesa.

Á Tertulia pode asistir calquera persoa: alumnado, familiares, docentes e calquera que queira compartir un momento para coñecer un pouquiño máis sobre un autor de relevancia universal a través do diálogo igualitario dos participantes. Se algún participante o precisa facilitaráselle a selección de poemas no idioma que desexe (neste caso debe solicitalo previamente no centro educativo).

Poesia lírica -Camões.pdf