Membros da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde participaron, hoxe sábado, 27 de marzo, no roteiro organizaco pola Asociación Terras de Lugo “I Xornada de Valorización Cultural e Paisaxística de Orbazai”, consistente nunha xornada de convivencia das entidades que a constitúen. O roteiro partiu, como estaba previsto, do aparcadoiro do estadio Anxo Carro, para irmos camiñando polas fermosas marxes do Miño ata a decantadora de auga, para seguirmos polas parroquias de Adai, ata o lugar onde se encontra a sé da Asociación Terras de Lugo en San Miguel de Orbazai. Logo, puidemos disfrutar da actuación do humorista e crítico, Carlos Blanco para rematar coa actuación do grupo de música e baile galego “A Legua Dereita” do Corgo.
(Máis fotos en “Amigos do Patrimonio de Castroverde en imaxes”, na banda dereita)
Deixa unha resposta