Mapa da zona do Campo da Festa de Carballido (Lugo)

Amigos do Patrimonio de Castroverde
denuncia unha desfeita máis no Camiño Primitivo


Neste caso pódese comprobar que o Campo da Festa de Carballido (Lugo) non estaba pechado en Decembro de 2009, e hoxe está pechado. O lugar do palco é por onde ía o vello Camiño, e os peregrinos teñen agora que saír á estrada da Fonsagrada uns dous quilómetros.
¿Non haberá sitios e sitos onde facer as festas das parroquias que non sexa tronzando o Vello Camiño, un dos meirandes tesouros de Galicia?
Amigos do Patrimonio de Castroverde solicita que se repoña a accesibilidade do Camiño nas condicións previas, cambeando a localización do palco, ao tempo que sexa “liberado” o Camiño das “apropiacións” levadas a cabo ao seu paso pola urbanización “As Regas” e outras fincas particulares.

As fotos, probas do que denunciamos.