Bos días,
              
Lugo acollerá, entre os días 13 e 16 do próximo mes de outubro, o V Congreso Galego de Medio Ambiente e LIV Curso de Saúde Ambiental, promovido polo Profesor Francisco Peña no marco do Programa Galego de Municipios Saudables e Sustentables 2014, no que participa a Deputación de Lugo e as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.
Esta cita académica e de debate busca lograr a integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe dos técnicos no medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns. Igualmente, trata de ser un foro de estudo e exposición da situación ambietnal de Galicia, os seus problemas, carencias, solucións, experiencias positivas…
 
Así, ao longo dos días de celebración deste encontro intervirán destacadas personalidades do mundo académico, político e empresarial, con relatorios que versarán sobre todas as cuestións que preocupan e afectan nestes momentos á nosa contorna ambiental: xestión de augas, aire, reciclaxe, residuos, cambio climático, responsabilidade social corporativa, experiencias empresariais… e un longo etcétera teñen cabida neste Congreso.
 
Adxunto ao correo pode descargarse o programa completo do Congreso, condicións de participación e boletín de inscrición.
 
Máis información na WEB DO CONGRESO (http://www.medioambienteysalud.com/index.php)
 
Saúdos,