A asamblea estaba convocada para comezar ás 17:00 h., mais retrasouse uns minutos, porque antes de comenzar, representantes da Cruz Vermella de Lugo, logo de ter contactado comigo, informaron do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Información en: http://www.cruzvermella.org/teleasistencia/
Seguidamente, tivo lugar a asamblea que, tiña como punto único, empreder Accións xudiciais fronte ao acordo de aprobación da delimitación do Camiño Primitivo.
Comezouse coa referencia aos fins da asociación que segundo os Estatutos, no Artigo 5º, se di: Son fins da asociación:
a)-Recuperación, conservación e difusión do patrimonio do Concello de Castroverde, incluío todo o relacionado co Camiño Primitivo de Santiago.
Logo dunha breve exposición dos feitos e, coa intervención de varios dos asistentes, foi Ricardo Polín quen expuxo os feitos da delimitación, errada, da traza histórica polo noso concello que, fundamentalmente coincide co que foi aprobado no PXOM no ano 2008, polo que non imos expoñer aquí todo o que se dixo. Aludindo non só ao Camiño Primitivo, senón á defensa dos Camiños Históricos (ver: http://www.consellodacultura.org/mediateca/evento.php?id=200129), polo que en Castro Verde á parte de recuperar a traza histórica, que por outra parte, sería totalmente factible, hai que recuperar lugares como San Martiño ou Soutomerille que son camiños transversais que entroncan, comunican as zonas do norte da nosa provincia con saídas cara a Castela ou Monforte. Non só hai que protexer os camiños, senón toda a contorna e liña visual que os circunda.
Rematou a asamblea coincidindo todos os asistentes en:
Necesidade de recorrer contra a delimitación do camiño, facultando ao presidente da Asociación, Manuel Muñiz Besteiro, para o outorgamento de poderes a favor dos profesionais que se estimen oportunos a fin de iniciar dita acción xudicial.
Para poder facer o recurso a asociación achegará 600,00€ que se xuntarán ás achegas que farán outras asociación do Foro do Camiño Primitivo.
Sen outras cuestións rematouse a asamblea.
Saúde, Terra e Lingua.
Deixa unha resposta