O PRÓXIMO XOVES, 21 de marzo, ás 20:00 h., imos dedicar o número 32 da revista oral “O pazo das musas” a lembrar aqueles días de 1963 nos que a vila histórica de Portomarín foi desaparecendo, mergullada, baixo as augas do Miño.

NAS TRANSPARENCIAS DO MIÑO
Memorias do vello Portomarín, no 50º aniversario do asolagamento
A pesar de que xa van aló 50 anos, son moitas as lembranzas que aboian na memoria dos que dunha maneira ou doutra viviron aquela experiencia, entre eles algún dos que colaboran e aportan a este número da nosa revista documentos e memorias cos que traer ao presente un tempo de nostalxias.
Intervirán os músicos do Grupo Os Minhotos, coa súa música de auga fresca. O profesor e escritor Andrés Pociña leranos algún fragmentos da súa novela “Nas transparencias do Miño”, inspirada no seu días nas memorias dun neno engaiolado polo Portomarín de mediados do séc. XX, a técnico do departamento de Arqueoloxía do MPLugo, Mª Ofelia Carnero, falaranos das “pedras” que procedentes de Portomarín se conservan neste museo. O investigador de cine, Fernando Arribas, traeranos, en colaboración co CGAI, cine documental con imaxes do vello Portomarín; o doutor Gonzalo Paz Doel, refrescaranos a memoria do seu pai, Gonzalo Paz López, autor dunha das mellores monografías históricas sobre Portomarín, e, por último, José López (Pepe Pereira) amosaranos unha parte do seu valiosísimo arquivo fotográfico, aquela parte precisamente que nos fala de auga, de obras, de xente … de vida.
Achegamos en PDF Sumario de contidos da revista

ENTRADA LIBRE
Saúdos
      Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
        Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / [email protected]
             Museo Provincial de Lugo
             Praza da Soidade s/n
             27001 Lugo
             http://www.museolugo.org/
COR vicepresidenciacid:image003.png@01CD5466.DC860360