BREVE RESUMO- SEGUNDA VISITA AOS FORNOS DO CAL

E ACTUACIÓN DE SON DE CORDA “NA CASA DELAS”

(19-04-2026)

Segundo tiñamos previsto, pola mañá, saímos de Castroverde ata Rebordaos, onde comezamos a visita ao forno do cal do Piago, ao pé da croa de Rebordaos, continuamos ata o centro do lugar, facendo unha parada na fonte que leva o mesmo nome, do Piago. Desde aquí continuamos polo camiño da Ventosa que nos leva a Souto de Torres e, á altura de Silvaldes visitamos outros dous fornos que se conservan bastante ben, necesitando unha limpeza de toda a contorna e por dentro, mais terían unha doada recuperación. Continuamos por Souto de Torres pasando por medio da aldea ata o Mesón de Souto onde cruzamos a estrada de A Fonsagrada e pola estrada vella que nos levaba a Castroverde e O Empalme volvemos ata a estrada de Fonsagrada, nesa zona encóntrase o forno de Outeiro.

Pola tarde, actuación do grupo Son de Corda, “NA CASA DELAS”, coa axuda de Raúl Rodríguez ao piano, o cuarteto, interpretou pezas das autoras; María Mariño, Olga Novo, Xela Arias, Marica Campo, Olalla Cociña e Luz Pozo.

Agradecer a Vicepresidencia da Deputacuón de Lugo, Área de Cultura, que fixera posible a actuación de Son de Corda e acompañantes, sen esa axuda sería imposible realizar o devadito acto.

Agradecer tamén á Reserva da Biosfera que nos axudou no traballo dos fornos e ao Concello de Castroverde.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio