BREVE RESUMO ROTEIRO PASADA DAS CABRAS
(BURELA) e AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVEDE
CELLÁN DE MOSTEIRO-CASTRO VERDE
24-11-2024
Nun día algo ventoso, mais con agradable temperatura e fácil percorrido. Tivemos que variar algo o previsto, comenzando en Cellán de Mosteiro, e non en Uriz. Visitando a Serraría desde onde se contempla o castiñeiro centenario, casas, pazo, pombal e sobreira de Cellán de Mosteiro . Continuamos pola corredoira ata a igrexa vella de Cellán de Mosteiro, onde comentamos da limpeza e estudo que se realizou este ano para unha posible recuperación da mesma. Continuamos camiño do Vilar visitando as Lagas, O Vilar, desde onde, hai anos se podía ver Penalada, continuando ata Cellán de Calvos con visita á igrexa e casas do lugar. De Cellán de Calvos por detrás da Viladóniga, O Pereirón, ponte do Requeixo ata Pereiramá, onde visitamos a igrexa e cruceiro desta parroquia. De Pereiramá ata Castro Verde, pasando pola Veiga do Olmo, pendellos da feira para rematar na vila.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo
Deixa unha resposta