RESUMO DÍA INTERNACIONAL DAS RESERVAS DA BIOSFERA

No marco do Día Internacional das Reservas da Biosfera, a nosa asociación organizouunha ruta interpretativa polo entorno de Soutomerille, situado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, na que participaron 23 persoas. Durante o percorrido, os asistentes puideron coñecer e apreciar varios puntos de interese patrimonial, como a igrexa de San Salvador, o impresionante Castiñeiro da Corredoira, o cemiterio de Soutomerille, Os Asentos dos Mouros e A Casa Torre de Arriba.

Cada parada foi unha oportunidade para profundizar na historia e no valor cultural destes lugares, resaltando a súa relevancia no contexto da Reserva Terras do Miño. A actividade espertou grande interese e entusiasmo entre os participantes, que manifestaron o seu aprecio tanto polo percorrido como polas detalladas explicacións ofrecidas.

Con esta actividade, reafirmamos o noso compromiso de promover e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural das nosas Reservas da Biosfera, contribuíndo así á súa valoración e preservación.