BREVE RESUMO SOBRE O ENCONTRO DA "REDE GALEGA DE
EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL EN LODOSELO" O
26/10/2024
No día de onte, sábado 26 de outubro, arredor de 50 persoas asistiron ao último encontro da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural na aldea de Lodoselo, concello de Sarreaus, baixo o lema "Escoita as pedras… Descobre a Galiza que non se ve".
Nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso (integrado en COCEDER, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural a nivel estatal), os/as presentes tiveron a oportunidade de coñecer que é e como funciona (a través de grupos de traballo) a Rede do Rural, pero tamén escoitaron dúas palestras (unha de Serafín González Prieto, membro do CSIC, e a outra a cargo da actual decana e o seu predecesor da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense) e, por suposto, visitaron o Pobo Escola de Lodoselo, xantaron nas instalacións de servizos comunitarios da aldea e visitaron ás persoas residentes na comunidade local. A todo o anterior, e como punto forte do día, hai que sumar que unha quincena de proxectos territoriais da contorna puideron expoñer o que están a facer, incluíndo a presentación de COCEDER por parte da súa presidenta.
Como anécdota complementaria, tras o xantar, lembraron amosar, sacando unha foto baixo un cartel contra os recortes en educación, o seu apoio á manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que tivo lugar na mañá do mesmo día en Compostela.
Deixa unha resposta