BREVE RESUMO ROTEIRO PACO PESTANA

19-10-2024

Nun día chuvioso deste mes de outono, realizamos o roteiro Paco Pestana, na súa lembranza e na lembranza de todos os socios/as que nos deixaron.

Tivemos que variar o previsto, comezamos a mañá coa visita ao centro Socio Cultural Paco Pestana que se encontra na vila de Castro Verde / Castroverde durante a visita Bea Pin fixo unha breve reseña na súa lembranza. Despois da visita foto de rigor. Seguidamente achegámonos a Peredo para visitar a casa e obra que Paco deixou na súa casa natal, agradecerlle a Javier, un dos irmáns, a atención que tivo connosco. Durante a visita Antonio, o secretario da Asociación, leu a reseña da obra A sombra espida do poeta. A continuación achegámonos ata a igrexa da Frairía, unha igrexa que chama a atención no seu exterior, máis importancia ten o seu interior, con tres naves, dous púlpitos, varios retábulos, salientando o retábulo central. Significativas son tamén a pía bautismal e a tribuna. Da Frairía baixamos a Folgueira para visitar o exterior da do pazo e capela.

De Folgueira a Cuvelas / Covelas onde visitamos a igrexa; son de salientar a espadaña, o retábulo e o viacrucis que se conserva completo, dos poucos que temos visto.

Desde Cuvelas polo Curral, polo monte Revolta da Cal, Veiga do Olmo, Campo da feira, pendellos e rematamos en Castroverde /Castro Verde.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Manolo