BREVE RESUMO XIV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS

NEDA (25-05-2024)

Tal como estaba previso, arredor das 9 h. chegamos ao peirao de Curuxeiras, onde nos agardaban os da Asociación a Canteira, aos que agradecemos desde aquí a súa boa acollida. Pasadas as 9 h. saímos polo Camiño Inglés e despois de escoitar as explicacións do guía Jorge, que nos falou da orixe do mesmo, fixemos un pequeno percorrido polo Camiño e rúas de Ferrol contemplando parte da ría de Ferrol e asteleiros, pasando ao pé das igrexas de San Francisco, Dolores, achegándonos ao Concello de Ferrol e desde alí baixamos para realizar a visita guiada a Exponav e ao Museo Naval.

Non imos expoñer aquí as amplas e interesantes explicacións que nos deron os guías. Dicir soamente, que Exponav . A planta baixa do museo está dedicada á construción naval en xeral, desde os buques ata os estaleiros, pasando pola enxeñaría, os materiais, as diversas tecnoloxías, etc.

MUSEO NAVAL. Sitúase nun fermoso edificio do s. XVIII deseñado por Sánchez Bort e que foi antigo Cuartel de Presidiarios.

Os contidos do Museo Naval trasladarannos a algúns dos momentos máis destacados da Armada Española a través dos séculos.

Neste museo da Armada expóñense de forma permanente maquetas de barcos antigos, traxes de mergullador, bandeiras de navíos, diverso material de navegación e de cartografía. Destacan os restos da fragata Magdalena, que se afundiu en Viveiro no ano 1810.

Ao remate. Saída dos buses ao Mosteiro de San Martiño do Couto en Narón e logo da breve visita cruzamos a ría a pé, seguindo a senda peonil ao carón da vía do tren, que comunica Narón con Neda. Tentempé en Neda no Subarreiros.

Saída dos buses para o lugar onde xantamos, facendo antes unha breve visita á praia da Frouxeira.

Depois do xantar, actuación do grupo Os Xotas de Canido e intercambio dalgún agasallo. Para o vindeiro ano o XV Encontro será en Castroverde / Castro Verde.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

M.M.B.