A corrida do galo nas pontes de Veiga
Por
Xosé Mª Gómez Vilabella
“Podémola sinalar coma un fito histórico desta bisbarra, e iso por varias circunstancias:
Celebrouse en Montecubeiro o Domingo de Pascua do ano 1.936; por aquelas alturas xa soaban os tambores da guerra, lonxe pero achegándose.
Non houbo outra da súa magnitude ata a Pascua do ano 1.948, na que os da Meda[ii] levaron a Lugo escrituras dos seus bens para que nas xoierías lles prestasen os aderezos que ían lucir os cabaleiros da corrida. (Outro día haberá que dedicarlle un artigo pola súa importancia; aínda vive algún dos seus participantes, entre eles o “Fidalgo” da Meda, que conserva na memoria uns cantos “pés” do seu parlamento, que mos repetiu precisamente o Día do Santo, en Montecubeiro, deste 2.006).
Fíxose con dous galos querendo simbolizar neles certos abusos dunha parella da Garda Civil, ó parecer, oriúndos da Fonsagrada, que xa lle tiñan zuna á Unión de Montecubeiro por certos episodios que non veñen ó caso. Sempre foran cun só galo.
Polo que teñan de reflexo dunha época e dunhas circunstancias locais, nosas, e por ende, patrimoniais, retrocedamos 70 anos documentándonos co seguinte extracto”.
Deste xeito introduce a sua colaboración o autor Xosé maría Gómez Vilabella desta semana. http://www.box.net/public/i9buyhkgp3
(puxar para baixar o artigo enteiro en pdf)

Deixa unha resposta