Quen puidera estar con todos vós!. 
Vagar por eses camiños,carreiros e corredoiras. 
Chans cheos de seixos, cogumelos, castañas e alimachas subindo po lo mofo das penas.
Soutos de castiñeiros e carballeiras, en todo o seu esplendor , coas galas de outono. 
Fornos,fontes….vacas, totem sagrado, nalgún tempo.
E nas portas do Nadal, o Acivro, fermoso e xeneroso,  cos seus rebentos á espera de manter ,galos e pitas de monte.
Lume na lareira, magosto, familia….fume…crepitar de estelas…..vento…follas…estrume…berrar dos cochos…morte e vida.
Boa noite e saúdos.
Javier.