Na modalidade Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural
O galardón recaeu no Museo de Viladonga, parabéns ao noso socio e Director do Museo D. Felipe Arias Vilas e demais traballadores/as polo galardón.
O xacemento arqueolóxico, que destaca na paisaxe da Terra Chá lucense, é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste. O Museo do Castro de Viladonga, ademais dos labores de conservación e exhibición, realiza un importante labor de difusión, con permanente actividade didáctica a través de visitas organizadas, actividades de dinamización e publicacións.
Deixa unha resposta