Actividade nº 2 da Asociación Amigos do Patrimonio e do CPI de Castroverde.
Actos relacionados co día da muller traballadora
“Hay una tierra -¡que bella es!-, Galicia, en donde la mujer rinde a la familia y a la sociedad más esfuerzo que el hombre. Éste, sugestionado por la leyenda del bienestar de América, unas veces, impulsado por la necesidad siempre, vino emigrando, dejando a la mujer al frente de la hacienda y de la familia. Y cumplía su cometido con tal heroísmo, que bien merece nuestra admiración”( Manuel Cordero Pérez, con ocasión da súa defensa do voto feminino nas Cortes Constituíntes da Segunda República, foron recollidas por Alberto Vilanova Rodríguez na súa biografía do noso paisano, –nado en Castroverde en 1.881)
Data: día 9 de marzo (venres).
Lugar: Salón de Actos do CPI de Castroverde
SUMARIO
Acto 1º ás 12:40 h.– 13:40 h. para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º curso de ESO.
Duración aproximada 60 minutos
Presentación
Por Xosé María Gómez Vilabella
1ª intervención Título:
Sabela Rodríguez Oxea: “Queimáronse as lentellas” e Isidro Novo: sen título
Antón Castro
2ª intervención Título
Ánxela Gracián:“Non traballes tanto, Nai” e Antonio Reigosa:“eMe eSe eNe“.
3ª intervención
Marica Campo: sen título e Paco Martín: sen título
Antón Castro
4ª intervención
Lorena Souto : sen título e Mónia Armesto: sen título
5ª intervención
Paco Pestana: sen título
Antón Castro
Opinión /Coloquio, ou representación dos rapaces (5- 10 minutos)
Acto 2º ás 13:45 h.-14:00 h. (aproximadamente), presentación do libro As feiras de Castroverdes no século XX. Duración aproximada 15-20 minutos
Interveñen: Eduardo Carreira González e Xosé María Gómez Vilabella
Antón Castro
Colaboran: Concello de Castroverde, Plan Xacobeo, Consellería de Cultura
Biografías:
Xosé María Gómez Vilabella.- Naceu en Montecubeiro, Castroverde, no ano 1.930. Zoqueiro e mestre daqueles de a ferrado. Aos 18 anos foise voluntario para o Ministerio do “Ejército”, Madrid, para ter fonda gratis e poder estudar, cousa que fixo ininterrompidamente, nunhas cousas ou noutras, ata a súa xubilación; o Bacharelato, polo nocturno, e o resto das titulacións, por libre. Aos vinte e seis anos xa era Director da Sucursal do Banco Exterior de España, en Sidi Ifni (África Occidental Española), entidade que oficiaba na Colonia (Territorio de Soberanía) como único Banco, incluídas as funcións de Tesourería do Goberno. As súas vicisitudes na Guerra de Ifni (1.957/58) merecen capítulo á parte. Hoxe vive entre Coruña e Montecubeiro.
Ten colaborado en varias publicacións periódicas, entre elas, en; El Progreso, Encrucillada etc. Obra publicada: Aos 20 anos, Castroverde. Bosquejo Histórico Geográfico. Despois viñeron: Juventud Bancaria (en castelán), 1.958. Cacería de Ciclóstomos en Ifni, 1.991. ¿Pódese pasar?, con prólogo de Manuel María, en 1.991. Historias Intra da Bisbarra Castroverde, Pol e Baleira, con prólogo de Antón Fraguas Fraguas,( Cronista Xeral de Galicia), 1.992. De mámoas e de talaiots. ¡Se eu mandase, ai daquela…!. As feiras de Castroverde no século XX.
É colaborador habitual do blog da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde: http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com
Nas Palmas de G.C. estanlle preparando a saída dunha epopea súa sobre a Guerra de Ifni 1.957/58, titulada, Ifnada, que o propio Autor traduciu ao castelán con esta finalidade. Pero isto non é todo, que aínda lle queda un bo feixe de traballos inéditos, entre ele,s unha voluminosa novela de fondo histórico baseada nas vicisitudes da muller emigrante, particularmente en Cuba, que titulará, Cerna pura. A primeira parte levará por subtítulo, “Do Pradairo ó Vedado”, e a segunda “Da rumba ó chotis”.
Traduciu ao galego: Memorias de Hadrián, de Margarita Yourcenar, e, en coautoría, Ciclo Bis, de David Durán. Tamén traduciu a Hugo Pratt e a Verne. Actualmente traballa no servizo de tradución da Xunta de Galicia.
Autor de, entre outros títulos: Memorias dun raposo, Resalgario, Bacoriño, A noite dos pesadelos e A escola de Briador. A flor de auga. Recibiu o Premio Merlín e o Raíña Lupa. Outras obras: Contos de animais, Contos colorados, Contos de maxia, Contos fantásticos, Contos maravillosos etc.
Traballa no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo desde 1982. É escritor, conferenciante, investigador da mitoloxía e da literatura oral galega, colabora con traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
Lorena Souto.- Naceu n’O Páramo, Lugo, en 1983. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente cursa estudos de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A súa obra permanece inédita, se ben ten participado en múltiples recitais, alén de colaborar en proxetos de edición alternativa.
Mónica Armesto.– Naceu en Celmán (Paradela) en 1987. Estudou Bacharelato en Sarria e actualmente cursa estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria literaria pódese encadrar dos seguintes premios: 2ºPremio de Poesía ” Entre Nós, en Galego.”(2002). 3ºPremio de narrativa “Francisco Fernández del Riego”(2002). 1ºde Poesía ” Entre Nós, en Galego.”, nivel provincial e autonómico, (2003). 2º Premio de Contacontos “Entre Nós, en Galego” (2003). 1º Premio Internet Galicia de Narración ( 2003). 2º Premio de Poesía “Lucus Augusti” (2003). Accésit en Poesía nos “Premios Minerva” (2004). 2º Premio de Poesía Entre Nós, en Galego “.”(2004). 1º Premio de Narración “IES Gregorio Fernández” (2004). Premio Internet Galicia de Narración . e 2º Premio de Poesía no mesmo certame (2004). 4º Premio de narrativa ” Entre Nós, en Galego” (2005), 3º Premio en poesía
“Entre Nós, en Galego”(2005), 1º Premio de Recitado de Poemas “Entre Nós, en Galego”, nivel provincial e autonómico, (2005). 3º Premio de Narrativa Internet Galiica (2005). 1º Premio de Narrativa “IES Gregorio Fernández” (2005). Publicacións de dous relatos no xornal “A Voz de Galicia” na seccións “Relatos de Verán” nos anos 2003 e 2004.
Paco Pestana.- Naceu en Peredo, Castroverde, Lugo, en 1949. Artista multidisciplinar, realizou máis de 120 exposicións de escultura e estivo presente nas bienais de escultura de Zamora, Oviedo, Pontevedra, Tárrega, e en simposios en Santander, Wismark, Portugal, … As súas últimas exposicións tiveron lugar na Fundación Granell, na Casa da Parra en Santiago de Compostela, Museo de Lugo, Fundación Torrente Ballester de Ferrol, Museo de la Pasión de Valladolid, Museo de Lalín (Pontevedra), Auditorio de Galicia en Santiago e Museo de Ourense. Colabora en revistas e nos xornais escribindo sobre arte e humor. Publicou poesía e colaborou en radio e en montaxes teatrais.
Deixa unha resposta