CONVOCATORIA NACIONAL SANTIAGO DE COMPOSTELA. 17 DE NOVEMBRO DE 2024 |
Mudemos de rumbo. O galego ten futuro |
A plataforma cidadá Queremos Galego convoca para o vindeiro día 17 de novembro un gran acto nacional, ás 12:00 horas, na Praza da Quintana, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego.
Esta mobilización responde aos datos do IGE, que certifican a emerxencia lingüística extrema que vive a nosa lingua, como consecuencia de non se ter actuado sobre a expulsión e exclusión do galego de todos os ámbitos da vida social.
A plataforma Queremos Galego pon a disposición da cidadanía autobuses que saen das principais cidades e vilas do país para manifestarse pola lingua este 17 de novembro en Santiago de Compostela. O custo da viaxe (ida e volta) ten un valor simbólico de 5 euros.
Autobuses
- A Coruña: saída ás 10h do Campo da Leña con paradas en San Pedro de Mezonzo e SEAT Afonso Molina (Sindicatos). Máis información no 981 169 810.
- Vigo: saída do local sindical da CIG (Avenida Alcalde Gregorio Espino, 47). Máis información no 986 827 900.
- Ourense:
· Saída ás 8:30h da Gasolineira da Gudiña.
· Saída ás 9:00h da Facenda de Ver (Verín).
· Saída ás 9:20h de Antela Estación de Servizo de Xinzo.
· Saída ás 9:30h do restaurante Limia (estrada N-525, Allariz).
· Saída ás 9:50h da estación de servizo Repsol Rante de Celanova.
· Saída ás 10:00h do Pavillón dos Remedios de Ourense.
· Saída ás 10:20h da rotonda de Cea (O Carballiño-Ribeiro).
Máis información no 988 238 350.
- Lugo: Saída ás 10:00h diante da estación de tren de Lugo. Máis información no 982 225 812 ou 982 280 410.
- A Mariña: máis información no 982 581 861 ou 982 140 654.
- Pontevedra: saída ás 10:30h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Máis información no 986 866 205 ou 986 852950. - Ferrol: saída ás 10h dende Esteiro (local da CIG) e con paradas en:
· Caranza
· Fene
· Vilar do Colo
Máis información no 981 358 750 ou WhatsApp ao 607 37 56 31.
- O Condado:
· Saída ás 09:00h dende A Cañíza, estación de servizo ao carón da A52.
· Saída ás 09:20h dende Covelo, estación de servizo de Paraños.
· Saída ás 09:30h dende Mondariz ao carón da igrexa.
· Saída ás 09:35h dende Mondariz-Balneario, casa do Concello.
· Saída ás 09:45h dende Ponteareas ao carón das piscinas municipais.
· Saída ás 10:00h dende O Porriño, Cruce Antonio Palacios (N120) co acceso ao Pavillón municipal.
Máis información no 648 480 834.
Deixa unha resposta