Benquerid@ Redeir@: a Rede do Rural quere convidarte a participar no ENCONTRO EN LODOSELO, Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, Sarreaus (A Limia).

Lugar do encontro: https://maps.app.goo.gl/hjVBg6YJkq3wGfdH9

Data: Sábado, 26 de outubro de 2024.

Horario: de 10:00 a 20:00 horas.

Organiza: Rede do Rural https://www.rededorural.org

Para inscribirte, envía un correo a regaeder ata o 21 de outubro cos seguintes datos:
Nome completo, correo-e, teléfono.
Desde onde viaxarás?
Permites que a organización difunda a outras persoas asistentes o teu correo-e para compartires vehículo propio ou alleo?

Se estás interesado en xantar con nós, tamén podes cosultar o menú e o prezo a través do mesmo correo.
Por suposto podes traer acompañantes. En todo caso hai que cubrir os datos anteriores para cada persoa.

Adxúntase cartaz e programa.

Esperámoste.

Un saúdo.

Rede do Rural.

Encontro da Rede do Rural en Lodoselo.pdf

RGE_88_Lodoselo(2).pdf