BREVE RESUMO VISITA CULTURAL A LUGO
Sábado-09-03-2024
Nunha mañá algo fresca, comezamos a visita á cidade de Lugo, tal como quedaramos, ás 10 horas diante da porta de Santiago, subimos á muralla, onte Felipe Arias Vilas, amigo e socio, nos explicou a historia da muralla facendo un percorrido por toda a súa historia, desde as súas orixes ata as diferentes transformacións que foi sufrindo ao longo da súa historia.
A seguir baixamos ata Domus do Mitreo, onde Felipe continuou coa explicación desta importante Domus, o que levou a poder descubrir os cimentos da muralla e poder disfrutarmos doutra visión da cidade e mellor valoración tanto da muralla como desta Domus.
A contuación breve visita ao Museo Provincial, comezando polo refectorio, cociña, claustro, sala de mosaicos, stelas funerarias, sala de numismática, sala de orfebrería, sala de pintura, etc.
Agradecer as amplas e amables explicacións sobre a Muralla, Domus e Museo. Graciñas mil.
Pola tarde visita á catedral, mágoa que tivera que ser con audioguias, de todos os xeitos deunos unha visual sobre o museo diocesano, coas súas diferentes coleccións, salientando o Crismón de Quiroga.Claustro, construción e importancia. Explicación da construcción da catedral, capelas, salientando a de San Froilán, do Pilar e Virxe dos Ollos Grandes, Altar Maior e coro.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo M. B.
30 Marzo, 2024 at 6:41 a.m.
¡Canto me dera participar nese paseo pola historia con tan boa compañía e con un guía tan privilexiado como Felipe Arias, vello amigo, primeiro nas aulas e logo na vida!
30 Marzo, 2024 at 6:42 a.m.
¡Canto me dera participar nese paseo pola historia con tan boa compañía e con un guía tan privilexiado como Felipe Arias, vello amigo, primeiro nas aulas e logo na vida!