DÚAS BREVES PALABRAS

RECOÑECEMENTO AO SOCIO DE HONRA D. XESÚS ALONSO MONTERO

(23-09-2023)

Acto de Recoñecemento a D. Xesús Alonso Montero.

O guión é un pouco o resumo do acto, intervindo; Claudio R. Fer, Beatriz Pin Díaz, Felipe Arias Vilas e Ánxela Rodríguez Rodríguez (Ánxela Gracián)

Non vou repetir aquí o que se dixo de D. Xesús nin o que el comentou.

Só facer alusión a que os intervintes fixeron unha semblanza das súas lembranzas de estudantes de bacharelato ou primeiros anos de maxisterio ou filoloxía en Lugo e ou Compostela, con recoñecemento e agradecemento inmenso a D. Xesús.

D. Xesús respondeu con agradecemento e con fondas referencias a dous ou a tres castroverdenses, a D. José María Fórneas Besteiro, primeiro catedrático de árabe da P. Ibérica, natural de Arcos (San Paio), Dona Enriqueta Otero mestra represaliada e defensora da cultura, aínda que incomprendida, tamén aludiu a Paco Pestana, fillo predilecto de Castroverde, facendo una referencia á magnífica intervención, escenificación que fixera nun acto de homenaxe a María Blanchard que se celebrara na Deputación

Pola tarde.

Breve visita ao panteón onde repousan os restos do que fora compañeiro de D. Xesús, José María Fórneas Besteiro, onde D. Xesús depositou un ramo de flores e, seguidamente leu o poema,” Home e medio de sol” do libro de Ánxela Gracián, Paisaxes de Pan, en homenaxe ao seu amigo.

Rematando os actos coa visita ao lugar de Gracián, lugares por onde se desenvolve, Paisaxes de Pan ; ao pé da fonte das Ninfelas,, Ánxela leu o poema “Forxáronme con palabras”.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Manolo

PATICIPANTES NO RECOÑECEMENTO A D. XESÚS A. MONTRO

– Dani gaiteiro- Gaiteiro, titulado superior en música en IMTP (Instituto de Música Tracional de Pontevedra) e vogal da AGG.

PRESENTACIÓN e orde de INTERVENCIÓNS:

-Benvida, Manolo Muñiz

-Claudio Rodríguez Fer , profesor, poeta , narrador, autor teatral, crítico litarario, ensaista e guionista de audiovisuais. etc. amigo, compañeiro el e Carme Blanco desde 1984.

– Felipe Arias Vilas, Director dos museos de Lugo e Viladonga, foi Director Xeral de Patrimonio, membro de diversas comisións, asociacións,,, entre elas da nosa Asociaicón, investigador, articulista, etc…

Intervención de – Dani gaiteiro

-Beatriz Pin, profesora, primeira feminista na nosa zona, autora de diversos libros de poesía, socia de A. do Patrimonio e, musa de moitos alumnos de D. Xesús.

-Ánxela Rodríguez (Ánxela Gracián)- Poeta, narradora,,, comprometida co noso Castro Verde e coa Nosa Asociación, etc..

Intervención de – Dani gaiteiro

D. Xesús

– Palabras de Manolo Muñiz

Como xa sabedes, algúns, D. Xesús, cando Amigos do Patrimonio de Castroverde botou a andar, decidiu nomealo, o 17 de outubro de 2008, Socio de Honra da Nosa Asociación, cargo que aceptou de bo grado, así como no ano 2010 (22-08-2010) encárgase do pregón da Vª Feira de Artesanía, onde desmostrou novamente o seu interese polo mundo rural e, en concreto, por Castroverde. Decidimos homenaxealo e recoñecelo hoxe. Dado que D. Xesús amosa un afecto especial polo noso concello, non só por ter sido profesor, de alumnado deste oncello, senón que tamén foi amigo doutras alumnas e alumnos castroverdenses da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e tamén porque sempre loitou pola posta en valor do traballo filolóxico realizado por outro insigne castroverdés, D. José María Fórneas Besteiro,

-D. Xesús é unha autoridade intelectual, inmensa. É imposible falar del no pouco tempo do que dispoñemos, é escritor, é sociolingüista, é crítico literario, é articulista, é xornalista, é investigador, é orador, é académico é herdeiro das vellas xeracións, etc., a este imprescindible , hai uns versos de Bertolh Breth que o definen; “Hai homes que loitan un día e son bos./ Hai outros que loitan un ano é son mellores./ Hai quen loita moitos anos e son moi bos,/ Pero hainos que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles”

Transmitirlle distintas mostras de afecto, de varios alumnos que nos fixeron chegar a través das redes sociais.

1-Vicente Mouriz, alumno en Lugo, actualmente profesor.

As clases eran no Salón de Actos do Instituto, xa se acabarán as clases, eu cursará 4° de Bacharelato e tíñamos que facer a Reválida no verán, era o ano 1970, a clase escomenzaba D. Xesús cun resumiño da clase do día anterior, con que xa che refrescaba as ideas e xa te puña receptivo e en situación de querer ver máis e ávido de aprender, a continuación lanzaba o tema " O Reñacemento" Dante, Petrarca e Bocaccio, exponía sobor de cada un, as súas obras, unha recensión sobor dalgunha das obras máis importantes de cada un deles, a situación socioloxica e política do momento no que vivían que por certo non viña nos libros e era interesantísima, abríache a mente a ideas non oídas por un e ó final estaba facendo un repasiño dos puntos importantes para rematar co que iríamos ver ó día seguinte facendo un esquema no encerado.

As clases creo lembrar duraban dúas horas. Eran moi amenas.

Eu sempre me dixen, qué pena que no. Me tocará de profe de Lingua e Literatura en 4° , aínda que tiven mois bos profesones, pero o pouco que o desfrutei quedoume un recordo inesquecible.

Apertas fortes.

2- Mon G. Buhigas

Vexo aos meus alumnos entrar no colexio esta mañá e non podo evitar lembrarme de que un día, seguramente hai moito tempo, tamén eu entrei no meu colexio coa pesada carga da rutina na mochila, coa aínda máis pesada carga dos meus quince anos nun entorno hostil a calquera disidencia, onde só os libros, o cine e a música servían de vía de escape de unha realidade en branco e negro que afogaba a alma sen compaixón.

Aquel día solleiro e luminoso, no mesmo salón de actos onde celebrabamos as misas máis solemnes, tivemos a segunda conferencia dun pequeno ciclo que de xeito milagroso alguén tivo a ben organizar e, máis milagroso aínda, alguén decidiu darlle o placet. Si a primeira conferencia , Don Francisco Fernández del Riego no temón, xa fora unha epifanía, a segunda, xa con D. Xesús Alonso Montero ao mando, foi abrir a caixa con todos os lapis de cores da palabra, da poesía, da vida. Lembro que foi unha sinxela conversa a propósito de Celso Emilio Ferreiro perfectamente adaptada a un público adolescente nun entorno urbano e de escola privada que case nunca disimula a súa hostilidade á lingua.

Aquel día solleiro e luminoso marchei do colexio ás seis da tarde, baixei ata Librouro e pedín á miña libreira de cabeceira, Marina, a antoloxía do poeta celanovés publicada por Ediciones Júcar na edición do mestre. Era a primeira vez que deixaba os meus poucos aforros de adolescente urbanita que antes falou castelán e inglés que galego, nun libro dun autor en lingua galega. Por suposto, foi abrir as portas do xardín de Edén.

Anos máis tarde, non moitos, o fado levoume outra vez onda el. Seguramente o CUVI non era a idea de facultade universitaria que eu tiña despois de visitar Compostela ou Salamanca, pero alí fixen os meus primeiros anos de Filoloxía Inglesa, que sempre estudiei, seguindo os consellos do meu benquerido profesor, como a lingua de Shakespeare e non, cito textualmente, como argolecto imperialista.

A maxia da palabra iluminou cada unha das nosas aulas e deixou unha pegada indeleble que a cotío tento transmitir tamén no meu traballo docente.

Tiven tamén a gran sorte de que as urxencias dun amor incipiente me levasen a solicitar do meu mestre un blablacar gratuito cando non podiamos nin imaxinar que un día existirían os de pago.

O que tal aprendín con aquelas conversas en traxectos Vigo-Santiago para ir ver á miña moza, hoxe nai da miña filla e do meu fillo, naquel Dyane 6 azul para xente encantadora.

3- Xulio Valcárcel, alumno del en Lugo. Actualmente editor de Medulia, pasou por diferentes profesores da Facultade de Dereito, foi avogado, e dinos; “ D. Xesús, o único mestre que recoñezo como tal”

4- Ramón Nicolás quería estar hoxe connosco, pero non puido ser e mandou o que é a mellor e mais completa exposción da obra, a día de hoxe de D. Xesús.

5- Ricardo G. Polín historiador e cronista de Castro Verde, non puido estar hoxe connosco, por temas peresoais, pero cónstanos o seu agradecemento como membro do tribunal da súa tese, galardonada con “ Cum laude” , sobre o Cancioneiro Galego-Castelán

-Intervención final de Manolo Muñiz

En Castro Verde somos poucos, pro moi agradecidos, emprazamos ao concello de Lugo, actualmente con representante castroverdense, que se lembren dos 16 anos de docencia de D. Xesús en Lugo, onde fixo verdadeira militancia política e poética ao xeito do famoso clube dos poetas mortos; Oh Captain! My captain!-Capitán , My Capitán

-Lectura dunha adaptación da Internacional que escribiu D. Xesús e recitou o artista Edu Carreira.

Entrega de agasallo. Entrega de unha pequena placa e unha lámina de o artista e polifacético Paco Pestana.

Agradecementos a todos/as os presentes, intervintes no acto, ao CPI de Castroverde a Conchita e Juan Carlos que o trouxeron e levaron a Vigo.

– Dani gaiteiro

Peza final e Himno Galego cantado por todos/as

DÚAS PALABRAS RECOÑECEMENTO D. X.A. MONTERO.docx

GUIÓN RECOÑECEMENTOX D. X. A. MONTERO.docx