RESUMO – RECOÑECEMENTO AO SOCIO DE HONRA-
D. XOSÉ Mª GÓMEZ VILABELLA
Sábado, 19 de agosto de 2023
Nesta mañá chuviosa, mais chea de emocións, por contar entre nós cun dos socios de máis idade.
Ás 11:00 h. xuntámonos en San Cibrao (Monte Cubeiro) e logo de saudarnos e saudar, especialmente, ao noso anfitrión, Xosé María G. Vilabella, fixemos dúas fotos a carón da igrexa e panel do roteiro Monte Cubeiro-Barredo. A seguir achegámonos a Berlán, onde ten propiedade Xosé María e, desde alí, fixemos un roteiro, polo Escouredo, podendo divisar, Cogula, San Cibrao, A Cernada, seguimos camiño de Vilarín, podendo divisar o val de Vilar, e a Serra da Ferradura; continuamos para achegárnonos a Maceda e, desde aquí, volta a San Cibrao.
A comida e os actos de Recoñecemento, tiveron lugar no centro social de Monte Cubeiro, agradecer ao Concello e á Asoc. A Chave das Noces, que nos facilitaran o local. Despois do xantar, breves palabras de Recoñecemento ao noso socio de Honra e entrega dunha pequena placa e cadro dunha lámina que nos tiña cedido o socio, falecido recentemete, Paco Pestana. A continuación o Sr. G. Vilabella, fixo unha referencia á súa vida e obra, entregando un exemplar a cada un dos participantes, para rematar lendo o prólogo do seu primeiro libro, CASTROVERDE. Bosquejo histórico-geográfico.
A continuación o noso socio e membro da xunta directiva, Pablo Castedo, deleitounos, interpretando coa gaita de fol, varias cantigas populares, e cantando outras, entre todos/as os participantes. Para rematar co Himno Galego.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo M.B.
Texto que figura na placa.
Ao noso socio de honra, Xosé María Gómez Vilabella, afanoso autodidacta, escritor e investigador, polo labor divulgador da súa Terra e por levar no seu corazón a Berlán, Monte Cubeiro e Castro Verde
Con agarimo, a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
(19-08-2023)
Deixa unha resposta