O domingo 23 de abril "rodeamos a Xunta" en San Caetano, Santiago de Compostela!
Para evitar un dano irreparábel para o país A Coordinadora "Eólica Así Non" convócate a unha nova mobilización masiva para esixir ao goberno galego:
A denegación da autorización dos 77 macroproxectos eólicos con DIA favorable e pendentes de aprobación inminente por parte da Xunta.
A paralización inmediata doutros 150 proxectos eólicos aínda en tramitación que aínda non teñen DIA favorábel.
A Xunta aínda está a tempo de evitar a desfeita e afrontar a transición enerxética de maneira xusta e sustentábel, e coa participación do pobo galego, a través de:
Nova planificación eólica pública, ordenada e participada
Restitución dos dereitos de participación pública usurpados polas leis de depredación
Ampliación da rede de espazos naturais protexidos en Galiza (Rede Natura) e preservación dos hábitats de elevado valor ecolóxico.
Suxestións: trae a túa propia faixa e vén de branco ou caracterizado/a de eólico.
#rodeamosaxunta #mobilizacion23A #eolicaasinon #temosalternativa.
Deixa unha resposta