Breve resumo: Roteiro Máxico por Romeán (15-04-2023)

Neste día de mediados do mes de abril achegámonos ao veciño lugar de Romeán limítrofe con Castro Verde, situado ao pé do Camiño Primitivo e, cun importante patrimonio material e inmaterial.

Comenzamos o día, coa visita á igrexa de Romeán con unha importante imaxinería, coro, púlpito e viacurcis.

A seguir, achegámonos polo camino de Trascastro ao castro da Cunca, onde Ricardo Polín nos leu anacos da súa obra con referencias a estes asentamentos, con lendas e feitos reais que se achegan aos nosos días, como que “no lugar por onde baixaban os cabalos deses antigos habitantes dos castros non medraba o pan”. Seguidamente ao pé do Castro de Romeán puidemos contemplar a maior parte do Concello de Castro Vede, con vistas ata A Vacariza e O Puñago. Baixando outra vez á aldea, achegámonos á fonte do Udreiro, acompañándonos Fátima e José do albergue de Romeán. Fonte coñecida, tamén, con nome da “Sarna”, augas que se utilizaron para sandar certas doenzas de pel e fígado. De volta ao centro da parroquia, visita á casa dos Fole.

Despois do xantar, referencia ás lendas de El Carro de las Siete Luces, e lectura do poema “Su sabia madre gallega”, por parte do propio Ricardo Polín, graciñas e, a seguir, breve visita ao taller do escultor Xoán Vila. Graciñas a todos os que dun xeito ou doutro nos facilitaron as diversas visitas.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Resumo Roteiro Máxico Romeán.docx