REFERENCIA AO ACTO HOMENAXE A MANUEL CORDEIRO

A media mañá do domingo 26 -02-2023 tivo lugar na Praza do Concello unha Homenaxe ao que foi veciño de Riomol, Manuel Cordeiro Pérez, firme defensor do voto da muller na Cortes da República. Descubríndose un busto e intervindo a Sra. Concelleira de Cultuara, Cristina Castedo Pereira, Miguel Couto ( autor do busto), Ricardo Polín (Cronista Oficial do concello) que fixo unha ampla referencia a súa vida e valoresdemocráticos, sindicais, políticos e culturais polos que loitou Manuel Cordeiro. Acompañando o acto estivo acompañado polo grupo Zuncurrundullo. Comentar que asisitiron ao acto os tres netos de Manuel Cordeiro, que regalaron ao Concello unha foto onde aparece o seu avo.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio