Breve resumo: Visita cultural a Meira (11-02-2023)
Nesta fría mañá de febrero, pero luminoso, partimos de viaxe camiño de Meira, para visitar, en primeiro lugar a igrexa monasterial de Santa María de Meira. A guía, Yoani Jartín, deunos unha ampla explicación da mesma, comenzando polas ferraxes da porta principal, pasando polas diferentes partes da igrexa, retábulos, Sala de Reliquias, Salón Parroquial /Claustro. Agradecer a ampla e atenta explicación de Yoani. Máis información en:
(https://gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Meira
Seguidamente, Carlos Veiga, presidente da Asoc. Avelino Díaz, acompañounos no roteiro “Andainas con Avelino Díaz, falándonos da vida de Avelino e da loita que están levando para que lle adiquen un Día das Letras Galegas, para Avelino. Saíndo de Meira, pasando pola Veiga da Horta , subindo ata á casa da Pena, onde viviu Avelino, Fonte da Valiña ou dos Frades, Capela de Santo Isidro, Fonte de Paredes e volta a Meira. Agradecer a atención e amabilidade de Carlos. Graciñas. Máis información: https://www.youtube.com/watch?v=2v6nCgE0Mws
Pola tarde, visita ao Pedregal de Irimia e Fonmiñá.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Resumo Viaxe Cultural a Meira.docx
12 Febreiro, 2023 at 7:38 p.m.
Graciñas, Manolo. Simplemente por precisar, a presidenta da Asociación Avelino Díaz é Ermitas Méndez, eu -Carlos Veiga- son un humilde membro desa Asoviación