Logo Cultura

REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

difusion

Mañá, día 25, dará comezo no Salón de Actos da Deputación de Lugo a V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que, nesta ocasión, baixo o lema "O Courel dos tesos cumes. Arqueoloxía e territorio" se dedica a coñecer o inmenso patrimonio material e inmaterial desta comarca lucense. Esta xornada vaise desenvolver de acordo ao seguinte programa:

9.30 h. Acreditación asistentes

10.00 h. Presentación oficial

10.15 h. “O que nos din os ósos atopados nas covas sobre a vida antiga en O Courel” Aurora Grandal D´Anglade, profesora titular da UDC

11.00 h. “Revisión dos modelos de ocupación castrexa no territorio do Courel” Luis Francisco López, arqueólogo e doutor en Prehistoria pola UCM

11.45 h. Pausa

12.15 h. ”Cultura material do Courel conservada no MPL: a tabula hospitalis” Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero, Departamento de Arqueoloxía do MPL

13.00 h. Mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro na que participan os anteriores relatores, incorporándose, ademais, a directora do colexio do Courel, o presidente da Fundación Uxío Novoneyra e o director dos museos xeolóxico e etnográfico do Concello de Quiroga que abordarán, multidisciplinarmente, o tema: “A necesidade da transferencia e divulgación do coñecemento e o papel das estratexias transversais de comunicación para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico courelá”

14.00 h. Debate-coloquio

16.00 h. Saída para traballo de campo* con visita, in situ, dun xacemento arqueolóxico emblemático do Courel guiados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo.

20.00 h. Visita técnica explicativa no Museo Provincial de Lugo**, (planta 1.ª sección de Prehistoria e Arqueoloxía), á exposición divulgativa sobre o patrimonio arqueolóxico do Courel: castro da Torre, a cargo da directora do MPL: Aurelia Balseiro García.

Organización: Museo Provincial de Lugo

Dirección e Coordinación: Aurelia Balseiro García (direccion), Iván Álvarez Merayo.

Comité organizador: Encarna Lago, Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta, M.ª Ofelia Carnero.

Secretaría técnica: Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero (Dpto. de Arqueoloxía do MPL).

Colaboracións: UDC. Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga, Fundación Uxío Novoneyra.

Lugo, 24 de marzo de 2022

NOVO LOGOTIPO Rede