Breve resumo: ROTEIRO REIVINDICATIVO- EÓLICA ASÍ NON-

NON AO PARQUE EÓLICO MONTE COUTADO.

Sábado- 09-04-2022

Nunha mañá, algo fresca, na que foi abrindo o sol e chegando a calor a medida que avanzaba o día. Partimos desde o lugar do Cruceiro, cruz de Córneas, continuando polo roteiro Monte Cubeiro-Barredo para continuar ata Vilaxurxo, vendo como inflúe o parque eólico de Monciro sobre este roteiro e como vai influír o parque eólico de monte Coutado, non só sobre o roteiro, Monte Cubeiro-Barredo, senón tamén sobre varias parroquias de Castroverde, Camiño Primtivo, Roteiro de Soutomerille, parroquias do concello de Lugo, mesmo a cidade, parroquias de Castro de Rei, Pol, etc.. Continuamos ata Vilaxurxo, desde Barredo, subimos a Pena Branca onde puidemos visualizar, as parroquias de A Meda, Vilaxurxo, Soutomerille, Vilar de Cas… ata poboacións de O Corgo, Lugo, mesmo chergarmos a ver terras do concello de O Páramo. Despois subimos ata o cruceiro e baixamos a Vilar dos Naraos e volta a Barredo, para rematar realizando a lectura do poema “Amizade” de Pessoa en lembranza dos socios que nos deixaron recentemente.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.