Breve resumo:Visita cultural – Pazo de Mariñán – Mosteiro de
Bergondo e paseo por Betanzos.
Sábado, 05 de marzo
Nunha mañá algo fría e con néboa nalgúns puntos, saímos camiño do Pazo de Mariñán. Alí xa estaba un día claro e luminoso. Achegámonos á entrada do pazo onde nos agardaba, a guía Trini, á que agradecemos as súas explicacións e amabilidade. De súpeto encontrámonos cunha sorpresa, tres tallas da obra do lembrado Paco Pestana, presiden a entrada do Pazo. Mentras un grupo visitaba os xardíns do pazo, outro grupo facía a vistia interior. Á parte da súa arquitectura e historia, é de salientar a colección de arte que se encontra nas diferentes estancias do pazo. Máis información en: https://www.gciencia.com/destinos/pazo-de-marinan-un-verxel-unico-sobre-a-ria-de-betanzos/
Logo desta visita achegámonos ao mosteiro de Bergondo (San Salvador) onde é de salientar a súa igrexa e convento. Información en:
Ao remate da visita ao mosteiro, pasamos ao pé do Obradoiro de Gaitas Seivane, baixando camiño de Betanzos puidemos ver a carballeira e encoro de Cecebre.
Despois do xantar, pequeno paseo desde Infesta ata Betanzos. Pequena parada na praza, foto de rigor e paseo pola beira do río Mandeo.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Manolo M.B.
Deixa unha resposta