Breve resumo: Viaxe Cultural mosteiro de Oseira – Nogueria (Sta. María) e pequeno roteiro pola ribeira de Belesar

Sábado, 13 de novembro de 2021

Neste sábado que prometía non despexar a néboa, chegamos ao mosteiro de Oseira onde brilla un sol esplendoroso, o mesmo que o grandioso mosteiro, onde nos agardaba Ana, a guía, explicounos as diferentes épocas e partes do mosteiro, desde os diferentes claustros, pasando pola igrexa cunhas proporcións dunha catedral, sala capitular das palmeiras, refectorios, escaleiras principais, etc. Simplemente, recomendar a súa visita.(maís información en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Oseira)

A seguir traladámonos á ribieira do Miño para visitar Nogueira (Sta. María) outra xoia do románico con características e simboloxías moi ricas e de diferentes épocas, salientar entre outras cuestións as súas pinturas, que lembran ás da capela Sixtina.

(https://gl.wikipedia.org/wiki/Nogueira_de_Mi%C3%B1o,_Chantada)

Pola tade, pequeno roteiro desde o lugar da Ermida a Tarrio, percorrendo un anaco do Camiño de Inverno a Compostela, continuando por medio de viñedos e soutos puidemos contemplar Belesar, O Castro de San Pedro, e da outra banda do río Miño, no medio da inmensa carballeira e viñedos, as igrexas de Diomoindi e Ribas do Miño (Sto. Estevo). Antes de chegar a Tarrío, pasamos sobre o río Asma escoitando a súa musicalidade e fermosa paisaxe.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo