BREVE RESUMO ROTEIRO _RUTA 1 – O Vicedo e Viveiro

Venres, 15 de outubro de 2021

Como estaba previsto, saímos da praza de Castro Verde, ás 9:00 h. e ás 10:00 h. entramos no Pazo Provincial, onde nos agardaban as guías que nos acompañarán na viaxe, seguidamente recibiunos o Sr. Alcalde da Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, que explicou o orzamento da Deputación e o reparto dos euros para as diversas inversións, axuda aos concellos, infraestructuras, asitencia social… No salón de plenos explicouse a historia e funcionamento do edificio, entre outras cuestións. Rematada a visita marchamos camiño da Mariña Occidental, onde Almudena foi explicando ao longo da viaxe a nosa provincia, a conformación das Serras do Xistral e Faladoira que separan a Terra Chá da costa. Falando de moitos máis aspectos,entre eles das Reservas da Biosfera, Chavín, etc. Deixando Viveiro pasamos pola praia de Abrela para visitar O Fuciño do Porco (O Vicedo). A seguir visita á área etnográfica da Insua, praia de Covas (Viveiro), xantar en Viveiro e de volta, visita á fervenza da Xestosa (Ourol).

Agradecer, á Deputación Provincial , Servizo de Turismo, que nos facilitara poder realizar esta Ruta e, ás guías e ao condutor a súa amabilidade.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.