BREVE RESUMO ROTEIRO DA PEDRA de DÍAZ CASTRO

Sábado, 18 de setembro de 2021

Comezamos o roteiro non lugar de Vilariño dos cregos, a carón da casa de nacemento do poeta, onde Regina Polín nos explicou o centro de interpretación do poeta Díaz Castro e os traballos para rehabilitar a súa casa natal. A seguir, camiñamos entre carballos, bidueirais e castiñeiros; pasando ao pé da casa dos antigos canteiros, testemuña dunha das profesións máis representativas do lugar e da comarca. Continuamos camiño entre paredes e valados, que serparan as diferentes fincas. No Agro das Calzadas, agardábanos unha sorpresa, Manuel Vizcaino, interpretando diversas pezas coas súa zanfona, construída por el mesmo, explicándonos ao final o seu funcionamento; a quen agrdecemos a súa amabilidade e interpretación das pezas coas que nos agasallou, graciñas Manuel!. Tamén puidemos ver o petróglifo que hai na propia finca, que segundo a nosa guía Regina Polín, representa unha cidade. Continuamos o roteiro ata o lugar de Buríz, visiando o seu calvario, igrexa e cemiterio, para achegarnos ata a escola onde estudou o poeta Díaz Castro. A seguir visitamos en Pardiñas o Museo de Ramón Villar, agradecer a atención e explicacións do seu traballo coa pedra.

Pola tarde agardábanos outra sorpresa, a visita á parroquia de Labrada, onde son de salientar a súa igrexa, cuns frescos que representan diversas escenas relacionadas coa época; dise que as caras dos personaxes, probablemente sexan de veciños/as da época; os cruceiros que hai na entrada do adro, un mason e outro cristián e o pradairo. Despois visita ao impresionante e chamativo cemiterio, que lembra o traballo dos canteiros de Román, Vilalba, Graciñas á guía e poeta Branca Villar, parabéns e graciñas por todas as explicacións e atencións. De volta para Guitiriz aínda puidemos visitar a igrexa dos Vilares e o seu calvario.

Rematando o percorrido na vila de Guitiriz con visita ao reloxo analemático e igrexa parroquial.

Finalmente, agradecer a disposición, amabilidade e acompañamento facendo de guía durante todo o percorrido á nosa veciña, Regina Polín, graciñas.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.