BREVE REFERENCIA AOS ACTOS DE DISTINCIÓNS HONORÍFICAS

No día de hoxe, 11 de setembro de 2021 realizáronse os actos oficiais das Distincións Honoríficas que a Asoc. Amigos do Patrimonio tiña proposto, hai anos, ao Concello de Castroverde, para que distinguira a D. Manuel Varela Gorgorso, como fillo Adoptivo, a D. Paco Pestana como fillo Predilecto e D. Ricardo G. Polín como Cronista Oficial de Castro Verde.

Presidido polo Sr. Alcalde, Sra. Concelleira de Cultura e representantes municipais, desenvolveuse o acto co acompañamento musical do grupo Zuncurrudullo e veciños e veciñas dos homenaxeados.

Resulta difícil, por non dicir imposible resumir as referencias con que nos agasallaron os tres Disntinguidos.

Comenzou Ricardo con referencias históricas á Praza do Concello e ao Camiño Ancho, e aos persoeiros Faustino Fernández Paradela e García Teijeiro que foron alcaldes e historiador de Castro Verde. Seguidamente lembranza da súa infancia e referencia a seus país, á tribu, ao pobo de Castro Verde. Un cronista é un defensor da cultura, patrimonio… dun pobo. Referencia a D. Rogelio Reigosa, cronista que o precedera nos anos 1970. Referencias á Fortaleza, alxibe; aos eólicos que perturban a súa sensebilidade, referencia á fosa ou fosas onde aínda están fuxidos do alzamento militar de 1936. Referencia e homenaxe ás mulleres de Castro Verde a través da súa nai.

Para ir rematando con alusión aos Distinguidos, D. Manuel e Paco e, tamén a Asoc. Amigos do Patrimonio.

O seu nomeamento non deixa de ser unha Homenaxe ao pobo de Castro Verde.

Rematando coa lectura dun poema de autor Asturleonés e coa dica de D. Xosé Trapero Pardo “Galiza ten muitos castros e muito verde, pero un só Castro Verde” –VIVA CASTRO VERDE-

D. Manuel agradeceu a distinción á Corporación Municipal e ás parroquias e lugares de Castro Verde, con referencias aos outros Homenaxeados, a Paco que o coñece desde que era un neno ata que volta feito un mozo, a Ricardo nas loitas de poñer en valor o Camiño Primitivo, hoxe Patrimonio da Humanidade, agradecemento á Asociación e a quen isto escribe e, lembranza para Manolo Gómez.

A súa estadia entre nós máis de 55 anos e presidente da Asociación Espalladoira uns 35 anos, case nada!. Alusión a Antonio Figueroa cando foi xerente de Terras de Lugo e se puido restaurar a igrexa de Castro Verde.

Paco, comenza tamén co agradecemento aos representantes, públicos, con referencias a súa infacia,”nenón chorón e xoguetón”, aos traballos que había que desenvolver no noso Castro Verde, aos animais que nos rodeaban e convivían connosco. Referencias á veciña que estaba “aqueloutrada”, algo similar lle pasa hoxe a el. Agradecemento ao pobo de Castro Verde e referencia ao seu oficio, ao seu que facer que non era, que non é nada doado. Hoxe está Feliz de ser, de pertencer a este País, de Peredo, A Frairía, Paderne, Monte Cubeiro, Bolaño, Vilalle, Furís…

Para rematar co berro, ¡Canto nos queremos os de Castro Verde!

Saúde, Tera, Lingua e Patrimonio

Manolo

REFERENCIA AOS ACTOS DE DISTINCIÓNS HONORÍFICAS.docx