BREVE RESUMO ROTEIRO E VISITA
A DIVERSOS LUGARES DA RÍA DE RIBADEO
Sábado, 10 de xullo de 2021
Neste sábado luminoso de xullo saimos de Castroverde á hora prevista, comenzando o percorrido, pasadas as dez da mañá, á beira da Ría de Ribadeo, desde As Aceas, Praia dos Bloques, Muelle de Mirasol, Muelle de Porcillán, O Cargadeiro, Forte de San Damián, Illa Pancha, Castro das Grobas. Facendo comentarios das diversas, vilas e lugares polos que pasamos. Podendo observar as Vilas de Castropol, Figueiras, Tapia, Foz e Burela (estas últimas ao lonxe).
Pola tarde, visita a Santa Cruz, fermoso miradoiro sobre a ría de Ribadeo, e onde se pode salientar o monumento ao gaiteiro. Breve visita ao casco histórico de Ribadeo, Parque de San Francisco, Torre dos Moreno, Casa do Concello, entre outros edificios históricos; para rematrar visitando a vila de Castropol, Casa do Concello, Casa da Cultura e parque.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Manolo
Deixa unha resposta