RESUMO ROTEIRO POLAS BEIRAS O RÍO MIÑO

Sábado, 8 de maio de 2021

Desde Pesqueiras- Encoro de Belesar- Sta. María de Pesqueiras- Percorrido polos viñedos e volta ao encoro. Paseo en catamaran e visita ao Castro de Castromaior de Portomarín

Neste fermoso e luminoso sábado de maio saimos de Pesqueiras percorendo o lugar e viñedos ata o encoro, subida ao camiño para achegarnos a fermosa igrexa de Sta. María de Pesqueiras, que tan ben nos explicou Bea, a quen agradecemos a súa amabilidade. Parece que o nome desta igrexa monástica está relacionado cunha arte da pesca, bastante estendida na zona, chamada pesqueira ou caneiro. Consistiu en levantar muros de pedra, como paralelepípedos, no río formando un marco no que se colocaban unha especie de redes coas que se cazaban diversas especies de peixes, entre elas a lamprea.

Enmarcada por un precioso entorno natural, a igrexa románica de Sta. María de Pesqueiras presenta a nave dividida en dous tramos por sólidos contrafortes e unha ábsida con arco triunfal. A cuberta é de madeira, restaurada recentemente debido ao derrube dunha parte dela pola caída de pólas de árbores. A parte dianteira ten unha porta circular e no lateral unha fiestra semicircular con columnas.

Dentro do século XVI teñen especial interese as pinturas murais nas que se representan varias escenas bíblicas como a Anunciación, a Resurrección dos mortos e o Xuízo Final e a fonte de auga bendita prerrománica. Non obstante, a verdadeira xoia do templo foi a imaxe de Santa María de Pesqueiras, de gran valor artístico e que actualmente non existe. Esta talla perdeuse nun incendio mortal na nova igrexa desta parroquia onde fora trasladada. Tamén falta unha pía bautismal do século XII, probablemente debido ao saqueo que se produciu na igrexa. Desde aquí continuamos por medio de soutos e viñedos para volver ao encoro de Belesar.

O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena. No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos.

A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as aguas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.

Despois de xantar paseo en catamarán podendo contemplar a fermosa paisaxe do Saviñao e Chantada ata a illa de Mayorga, vendo viñedos, carballeiras, soutos… e lugares como o Pincelo, Igrexa de Nogueira, Cabo do Mundo e Praia da Cova,entre outros lugares. Agradecer as explicacións das guías.

De volta aínda tivemos tempo de facer unha breve visita ao Castro de Castromaior de Portomarín.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo

Resumo roteiro de MAIO.docx