RESUMO ROTEIRO DOS MUÍÑOS

DESDE O MUÍÑO DE LAMELA de RODINSO AO FERRADAL FRANCELOS.

Sábado, 10 de abril de 2021

Neste sábado que parecía que a choiva non nos ía deixar disfrutar, finalmente respetounos na andaina. Saímos da Vila, arredor das 10:00 h., achégamonos a Rodinso, onde nos agardaba Suso, para unha vez máis ensinarnos o muíño, explicando o seu funcionamento. Lembrou tamén a escola fundada polos donos do café Pombo, en Madrid, onde facían tertulia os escritoires máis salientables de mediados do século XX, moitas grazas Suso.

De Rodinso pasamos por San Fitoiro, para baixar a Bolaño, onde puidemos ver desde hórreos, muíño, igrexa, forno do cal, quiosco da música e tivemos un doce agasallo de roscas por parte de Marina, graciñas pola túa amabilidade Marina e, de volta desde o Ferradal, visita á cova da Valiña ou Xibil.

De Bolaño polo Camiño de Barrio ou Fontao, puidemos ver unha das fontes importantes do río Chamoso, onde se conta que desapareceu unha parella de bois, puidemos ver o efecto da nevada deste inverno coa caída de varias árbores, algunha centenaria e o deterioro de dous dos muíños. De Fontao a Rebordaos onde é de salientar os petroglifos que encontrou recentemete a Asoc. Patrimonio dos Ancares, uns descubertos o ano pasado e outros recentemente.

De Rebordaos pasando ao pé da croa onde se encontraron os petroglifos e, continuando pola beira do Anguieiro e souto, achégamonos ata Castedo, onde é de salientar o hórreo e cruceiros. De Castedo ao muíño do Ferradal onde rematou o roteiro.

Comentar finalmente, que percorremos o val de Bolaño onde conflúen os regos de Rodinso ou Riazor, río de Bolaño ou Chamoso e o rego de Xibil que vén de Pena, tamén puidemos percibir o deterioro que houbo na paisaxe, nestes dez – quince últimos anos, mágoa, lamentable este deterioro, aínda que segue habendo lugares con moita beleza .

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.