ROTEIRO MUÍÑOS DO POÑENTE DE RODINSO – O FERRADAL

Sábado, 10 de abril de 2021

-10:00 h. En Castro Verde, na praza.

Saída para Rodinso para comenzar arredor das 10:15 -10:30 h.

Percorrido: Rodinso, San Fitoiro, Bolaño, Fontao, Rebordaos, Castedo ata o muíño do Ferradal a carón de Francelos.

Aclaracións:

Iremos en bus ata Rodinso e irá acompáñándonos e recolleranos ao final do roteiro. Debido a situación de pandemia, non imos organizar xantar. Cadaquén pode levar o xantar e, se está bo día podemos xantar na Veiga do Olmo e se estivera malo, cada un para a súa casa ou que encargue no restaurante habitual.

Comunicade asistencia, por saber o número de persoas, antes do día 5 de abril.

Tlf. 659 52 39 60 ou en: amigospatrimoniodecastroverde.

Esíximos manter todas as medidas de seguridade con respecto á pandemia e exímese de toda responsabildade á Xunta Directiva e á Ascociación.

Percorrido duns 8-9 km. Dificultade moderada. Levar calzado axeitado.