Teño o pracer de presentarlles o meu libro, publicado por Teófilo Edicións. O seu título é“María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel”. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria.

A obra conta ca colaboración da Fundación Uxío Novoneyra, Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e o Colexio Farmacéutico de Lugo.

Levo seis anos impartindo actividades en institucións públicas (USC, UNED, Deputación de Lugo, concellos…) e centros privados sobre o meu traballo no Caurel.

Vivín dous anos na serra entrevistando ás persoas do territorio. A obra é o primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor.

Pretendo que o libro, de 316 páxinas e 245 fotos, supoña un referente diferenciador respecto ó resto de estudos de Etnobotánica de España, pois o foco está posto nas persoas, non nas plantas medicinais. O factor humano é primordial en toda a obra.

Ademais de todo o relacionado ca Etnomedicina, ó longo dese ensaio novelado, o protagonismo das persoas ponse de manifesto a través das reseñas biográficas de cada un dos informantes chave ou dos comentarios, testemuños persoais, ritos ancestrais, adiviñas, cancións ou refráns, por poñer algún exemplo.

Creo ter superado o desafío que constituía contentar ós expertos tanto como ó público en xeral. Están presentes o sentido do humor e a espontaneidade derivada de transcribir literalmente o que, ó longo de dous anos, tantos maravillosos caurelaos me contaron, elementos importantes pras persoas interesadas nas plantas medicinais e no Caurel e pra todos aqueles que queiran saber o que de auténtico, de raíz, de ancestral, permanecen aínda no noso mundo.

Algún día gostaría moito de presentarlles o libro en persoa, cando podamos voltar a unha certa normalidade.

Adxúntolles fotos.

Moitas gracias.

Un cordial saúdo de María Moure de Oteyza

Cuberta Libro.pdf