Dende INVERCLIMA, proxecto de investigación desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela para a mellora da planificación territorial da infraestrutura verde, estamos a deseñar un proceso de participación pública co que se pretende implicar á sociedade na identificación dos servizos eco-sistémicos máis valorados pola poboación, na análise da capacidade do territorio para proporcionar estes servizos, na identificación dos efectos do cambio climático e na localización das zonas do territorio que a poboación local considera que debe formar parte da infraestrutura verde.

Por todo isto queremos convidarche ás xornadas de participación pública, nas cales se presentará o proxecto e nas que poderás identificar zonas da comarca de Lugo susceptibles de albergar elementos de infraestrutura verde.

As xornadas celebraranse en modalidade online a través da plataforma Zoom. Se desexas participar, podes inscribirte a través do seguinte enlace [https://deloga.typeform.com/to/DTy6SQKx] indicándonos que día prefires asistir. As datas dispoñibles son:

  • Martes, 26 de xaneiro de 09:45 a 12:00.
  • Mércores, 27 de xaneiro de 15:45 a 18:00.
  • Xoves, 28 de xaneiro de 11:45 a 14:00.

Unha vez realizada a inscrición recibirás un correo electrónico cunha guía de facilitación da plataforma dixital Zoom, así como o enlace web ao que deberás acceder para participar no encontro.

Para calquera asunto relativo á organización dos encontros podes contactar connosco a través do correo inverclimaparticipacion ou no teléfono 604.025.160 (en horario de 9:00 a 18:00, de luns a venres). Podes encontrar máis información sobre o proxecto no seguinte enlace: https://inverclima.usc.es/.

Cartaz Inverclima_formulario.pdf