Estimados membros do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera,

Wikipedia organiza varios concursos fotográficos para ampliar a súa biblioteca de fotos.

Durante este mes de setembro, a Rede Española de Reservas da Biosfera está a colaborar con eles no concurso "Wiki loves Monuments" para difundir o importante valor cultural das Reservas da Biosfera.

Hai interesantes premios nacionais e internacionais que inclúen unha colección de libros do Organismo Autónomo Parques Nacionales e
Reservas da Biosfera e, ademais, a posibilidade de gañar visibilidad para a nosa reserva da biosfera.

Para participar só hai que rexistrarse e elixir a Reserva da biosfera neste enlace:

https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Reservas_de_la_biosfera_en_Espa%C3%B1a

Poden consultar máis información sobre o concurso no seguinte enlace:
https://www.wikilov.es/es/Wiki_Loves_Monuments/Reglamento_2020

Animámoslles a participar e a publicar a información sobre este concurso nas súas canles de difusión.

Saúdos,

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deputación de Lugo

Praza de Santo Domingo 6-8 , 5º andar

27001 – Lugo

Tel. 982 227 813