REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

difusion

NOTA INFORMATIVA

Como complemento da mostra FACER CAMIÑO, que dende o pasado día 17 pode visitarse na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo, maña xoves, día 24 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (San Marcos, 8. Lugo) un relatorio a cargo do Dr. en Historia da Arte D. Ramón Yzquierdo Perrin, que falará sobre O Románico na provincia de Lugo. Ao remate da mesma, terá lugar un coloquio que contará coa participación da Dra. en Historia da Arte e académica Ana Goy Diz.

A entrada a este acto é libre, pero con aforo limitado a 50 persoas que deberán tomar as medidas oportunas de protección anti Covid19.

Lugo, 23 de setembro de 2020.