Roteiro polas parroquias de Furís Páramo

Continuando co programa de roteiros "Tecendo Redes" co que ADEGA trata de poñer en valor a importancia que ten para a defensa do medio ambiente e do patrimonio a colaboración, sinerxías, e redes que se tecen entre os distintos colectivos; xunto coa Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, organízase este roteiro polas parroquias de Furís e Páramo o vindeiro domingo 19 de xaneiro.

A través de camiños rurais sen asfaltar na meirande parte do percorrido, poderemos coñecer elementos de gran interese ambiental e bens patrimoniais de gran valor histórico cultural. Camiñaremos nalgún tramo pola Vía Romana XIX e disfrutaremos ademais de fermosas vistas da Fonsagrada, Ancares, Terras do Páramo, Corgo e Lugo.

O roteiro comeza e remata ao pé da igrexia de Furís (San Estevo) en Castroverde. Cun desnivel duns 300m, e unha lonxitude aproximada de 17 Km a duración será dunhas 4 horas.

Reserva praza

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do xoves 16 de xaneiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.

A saída do autobús terá lugar ás 9.00 horas da mañá fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

O roteiro será de xornada completa.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€

En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!