EDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

Con motivo da clausura da mostra Mujeres Mirando Mujeres na que participan 24 creadoras, o vindeiro luns, día 16, ás 11:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o obradoiro O poder da presenza, que será impartido por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación, en colaboración on line coa artista Natalia Pastor. Neste obradoiro estarán presentes usuarios do SADT de Cogami.

A continuación haberá unha charla-obradoiro que baixo o título Nin límites, nin barreiras correrá a cargo de Lorena Quintás Rejo, artista invidente e membro do colectivo ACADAR.

Lugo, 13 de decembro de 2019