REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

Para a exposición Galicia, un relato no mundo, que se pode visitar no Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela, entre o 15 de novembro de 2019 e o 12 de abril do 2020, o Museo Provincial de Lugo, a través do departamento de Arqueoloxía/Historia, colabora con catro destacadas pezas dos seus fondos. Trátase da estela de Adai (Lugo) e do broche de Baamorto (Monforte de Lemos), ademais de dúas moedas: un dupondio e un as que amosan nunha das súas caras unha caetra.

Lugo, 12 de novembro de 2019