A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en calidade de persoa interesada na Literatura de Tradición Oral para informar do programa de actividades que terán lugar este mes de outubro:

Mércores, 9 de outubro

Ás 18:00, na cidade de Lugo, no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Avda. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –perto da estación de autobuses–), unha nova edición da revista oral que sae polo San Froilán: Letra das Festas: Popurrí de orquestras, bises e verbenas. Enrada libre.

Sábado, 12 de outubro

Ás 17:00, en Taboada, na Casa do Romualdo, (Vilar, 6 – Vilela –como chegar), con entrada libre, unha Polafía en Taboada. Historias de cabezóns e loitadoras. Nesta ocasión haberá a posibilidade de gozar dun programa previo que podedes consultar na web da Polafía.

Venres, 25 de outubro

Ás 19:00, na cidade de Lugo, no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Avda. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –perto da estación de autobuses–), Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019. Entrada libre.

Sábado, 26 de outubro

Desde as 10.15 no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8 –como chegar), XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú. Xa está aberto o prazo de inscrición, gratuíta. Entrada libre.

Agardando que estas propostas sexan do teu interese e poder así contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo en nome do Consello Directivo da AELG,
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente
Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral
Lois Pérez, vogal por Lugo
Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral

PROGRAMA.docx