RESUMO XII ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS

SÁBADO-25 DE MAIO DE 2019

O XII Encontro de Asociacións deste ano 2019 correspondeulle organizalo á Asociación Arcas de Sárria, na que participaron: A Canteira de Neda, a Asociación-Agrupación Instrutiva Caamouco de Redes, Arumes de O Corgo e Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Partimos do Malecón de Sárria, rúa do Peregrino, escaleira da fonte, rúa Maior, (Igrexa de Santa Mariña, Igrexa de San Salvador, Casa do
Concello , Torre da Fortaleza) –rúa Mercé (Miradoiro do Cárcere)- mosteiro da Madalena, explicación de Xaime Félix López Arias, (Arlindo), agradecer desde aquí as súas explicacións e atencións, continuamos pola Corga do asno, Ponte da Áspera.

Camiño de Santiago (San Miguel)- Costa das Paredes-As Paredes- Vilei- San Silvestre (descanso e taco da mañá)- mosteiro de Barbadelo, explicado por Carolina, agradecer desde aquí as explicacións acerca deste interesante monumento.
Volta a Sárria por Vilei- O Romeo- O Mesón- Igrexa de San Pedro de
Maside- Outeiro-Zanfoga- Penagache- Estrada de Portomarín- Rotonda de
Celeiro. Rúa de San Lázaro- Capela de San Lázaro- Rúa do Porvir- Casa da Cultura- Rúa Marqués de Ugena- Rúa Francisco Vázquez Saco- Praza da Vila ("Villa Andrea"- Rúa Matías López ("Villa Aureklai-Sociedad La Unión )- Rúa Diego Pazos- Rúa do Toleiro- Paseo do Malecón do Río Sárria .

Pola tarde actuación de O dúo Raiceira, formado por Carme López Fernández e Sabela Vázquez Ramos. Parabéns ás dúas mozas polas fermosas interpretacións de música tradicional galega.

Rematou o acto Cacabelos Interpretando o Don Gaiferos, parabéns tamén para el.

Para rematar, visita á exposción de maquetas de monumentos do Camiño Francés.

Participamos no encontro unhas 165 persoas. Parabéns aos organizadores.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo Muñiz