Xornadas relacionadas co rural na parroquia de CARBALLO- FRIOL e na parroquia de CABREIROS-XERMADE.

Amigas e amigos, con moito gusto comparto con vós estas dúas actividades relacionadas coa temática do rural que terán lugar nas próximas semanas en Friol e en Xermade. Un orgullo para min formar parte da organización destes eventos – xunto con outros e outras veciñas e veciñas das parroquias sinaladas- .

Carballo-Friol:https://www.facebook.com/photo.php?fbid=964040650469103&set=pcb.964041390469029&type=3&theater

Cabreiros-Xermade: http://cabreiros.es/index.php/gl/nova/xv-xornadas-interxeracionais-rurais

A primeira actividade que me parece realmente emocionante, e de gran valor, é que no marco das xornadas de Carballo-Friol, celebraremos o día das LETRAS GALEGAS na Torre de San Paio de Narla. Un auténtico luxo pode celebralo neste escenario e poder ofrecer aos veciños e veciñas de Friol unha magnífica xornada formativa ao redor da figura de Antonio Fraguas. Convidados estades todos e todas, especialmente as xentes de FRIOL.

Un saúdo de Suso Rodríguez