CONCERTO DE GERMÁN DÍAZ E BENXAMÍN OTERO NA CASA-MUSEO MANUEL MARIA PRESENTANDO O SEU TRABALLO "TRECE CANCIÓNS BONITAS"

Este próximo sábado, día 27 de abril, ás 20 hrs, teremos concerto de dous grandes músicos como son Germán Díaz e Benxamín Otero que presentarán no auditorio da Casa-Museo Manuel María o seu traballo “Trece cancións bonitas”. Schubert, Satie, Galliano ou Clastier, cancioneiros como o de Inzega ou o de Federico Olmeda e melodías propias, compoñen o corpus eclético e accidental que conforma este persoal concerto.

Instrumentos como o óboe e o corno inglés uniranse ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos como o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programábel, en que os músicos perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.

O prezo do billete para poder asistir este concerto é de 5 euros e pode reservarse en contacto ou chamando ao tel. 698177621

GERMÁN DÍAZ

Nace en 1978 en Valladolid (na actualidade mora na Terra Chá), onde realiza estudios de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidad de Valladolid así como o Curso de Postgrao "Especialista Universitario en Estudios sobre la Tradición".

Estuda zanfona con Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Tobie Miller, etc…

Pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas asentada en Francia. Este proxecto desapareceu en 2004, e Germán, formou un dúo co director artístico da Orquestra, Pascal Lefeuvre, e cofundou o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas.

Actuou por todo o mundo con proxectos tan dispares como Tasto Solo, centrado na interpretación de repertorios para instrumentos de tecla dos S XIV y XV, ou agrupacións jazzísticas como Baldo Martinez ou Paolo Angeli.

En 2004 creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras, xunto a Fernando Fuentes.

O seu disco "Músicas populares de la Guerra Civil", en colaboración con Antonio Bravo, foi elixido como segundo mellor disco de 2009 por Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

En 1999 foi galardonado co premio Racimo de Oro da música pola súa labor de recompilación e difusión da música tradicional.

Premio á mellor Banda Sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, en 2009, por Artículo 349.

Finalista dos Premios da crítica Galiza 2014.

“Mellor artista 2014”, XIV Premios Opinión, A Coruña.

Invitado como artista residente na Vila Waldberta -Marzo 2015-. Concellaría de Cultura da cidade de Múnich.

Premio Mestre Mateo 2018 Mellor música Orixinal por Dhogs.

Colaborou en máis de un centenar de gravacións discográficas e editado numerosas obras como solista, e compuxo B.S.O. para cinema, teatro e televisión.

BENXAMÍN OTERO

Oboísta desde 1989, a pesar de ter formación clásica Benxamín Otero non tardou en abrir as posibilidades que lle daba a música a outros terreos, non só musicais senón doutras disciplinas. Mestre de Óboe e Historia da Música no Conservatorio de Lalín, tamén foi durante moitos anos mestre de Linguaxe musical no Conservatorio de música tradicional e folque da mesma vila. Froito do contacto coas músicas tradicionais desembocan en grupos Curitiba, ou Grodan defló, sendo membro estábel na actualidade de Linho do Cuco ou do espectáculo “Método cardiofónico” de Germán Díaz. Ten colaborado con Driade, Os Cempés, Marful, Guadi Galego, Uxía, Fuxan os Ventos, Ataque Escampe, Gelria, etc…

No mundo audiovisual é o compositor de bandas sonoras para vídeos comerciais, curtametraxes coma “Alzheimer” de Alex Sampaio, “Viento” de David Argüelles, ou o documental “Piedad” de Otto Roca. Traballou para a compañía de teatro Matarile nos espectáculos “Primeiro movemento para figuras brancas” e “Historia Natural” e a partir do ano 2009, entra a formar parte da compañía Fantoches Baj como actor, músico mais sobre todo compositor, realizando as músicas para os espectáculos da compañía, “O Asombro”, “Poesía última de LP”, “As pombas de Carboeiro” ou “Os vellos non deben de namorarse”entre outras.

Ultimamente está a realizar “No tempo dun café” xunto a Celso F. Sanmartín, un espectáculo onde se conxugan contos populares, músicas e maxias.