No pasado mes de febreiro deste ano que corre, varias asociacións de Castroverde (Espalladoira, Forno da Vella e Amigos do Patrimonio) solicitaron ás administracións local, provincial e autonómica atención para o Patrimonio de Castroverde. (Ver solicitudes)

Deu resultado tan só unha. Aos poucos días fomos recibidos pola Sra. Deputada de Cultura (Dona Pilar García Porto) e finalmente, o Grupo Provincial Socialista, vai levar ao pleno da Deputación unha moción solicitándolle á Xunta de Galicia que vele polos diferentes elementos patrimoniais do noso concello. Agardamos que os demais grupos políticos saiban estar á altura e apoien esta iniciativa.

REXISTRO COMUNICADOS _CONCELL_DEPUTACIÓN_X. TERRITORIAL_ CONSELLERÍA.pdf