APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN PROPOSTAS DE ACTIVIDADES RB TERRAS DO MIÑO 2019

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no concello de Lugo.

Co obxectivo de deslocalizar estas actividades nos 25 concellos restantes da Reserva da Biosfera, nas reunións do Órgano de Participación e Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño celebradas o pasado 4 de decembro de 2018, acordouse a apertura dun prazo para que os concellos, entidades e asociacións da Reserva da Biosfera poidan presentar as propostas de actividades para realizar unha (1) en cada un dos 25 concellos da Reserva da Biosfera que se animen a participar nesta iniciativa, durante o ano 2018.

Dito prazo remata o vindeiro venres 25 de xaneiro de 2019, e as propostas deberán ser remitidas a este correo electrónico. Para orientarlles sobre o tipo de actividades que se poden solicitar, achegamos xunto con este correo as programacións trimestrais do Centro de Interpretación Terras do Miño do ano 2018.

Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva. É a nosa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera.

Esperamos que a iniciativa resulte do seu interese e animámoslle a participar.

Saúdos,

Mensaxe cortada] Ver mensaxe completa

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Servizo de Medio Ambiente

Deputación de Lugo

Santo Domingo 6-8, 5º andar

27001 – Lugo

Tfno: 982 227 813

Centro_interpretacion_TM_2018.pdf